EMUNICIPAIS 2015 - ENTREVISTA JOSÉ MANUEL GUERRA (PP)
José Manuel Guerra: “Nós somos un equipo renovado con ganas de traballar por Teo”
José Manuel Guerra é o canditado á alcaldía de Teo polo Partido Popular. Naceu en Bamonde e no seu tempo libre desfruta dos seus amigos, cos que fai tertulias. Comenzó no mundo da política para poder facer cousas “a favor” seus veciños e se define como unha “boa persoa, seria, comprometida e sen enemigos”.
asnovas: Que destacaría da candidatura do PP de Teo?
Guerra: É un equipo totalmente renovado e son persoas moi valiosas. É un equipo de primeira liña, xoven e preparado.
asnovas: Cales foron os problemas máis importantes que detectaron en Teo?
Guerra: Un dos problemas máis importantes que temos nas zonas rurais é o saneamento, máis incluso que o abastecemento. Ademais, o estado das estradas, o problema do transporte e a falta de obradoiros de emprego. Tamén é urxente a creación dun centro de día.
asnovas: Pasamos a unha ronda rápida na que pedimos unha proposta para cada un dos seguintes eidos:
Economía: Reduciremos un 20% os gastos do equipo de goberno e consultaremos coas administracións para poder traer cartos a Teo.
Educación: Imos propoñer en Teo os obradoiros de emprego, para que os mozos desempregados poidan estar ocupados, aprendendo unha profesión e aproveitando para facer cousas que beneficien ao propio Concello.
Igualdade: Propoñeremos programas de conciliación laboral e familiar, ao igual que fixo Ames, co que esperamos que medre a poboación de Teo.
Mocidade: Queremos que os mozos, en tempo de vacacións ou cando estean desocupados, poidan facer prácticas en empresas de Teo para poder integrarse no mercado laboral.
Cultura: Imos fomentar o apoio a todas as asociacións do Concello e crear actividades de ocio para os mozos.
Transporte: Instaremos á Directora Xeral de mobilidade para crear un tranporte máis fluído, con máis frecuencias. Tamén é preciso comunicar as parroquias do rural.
Urbanismo e infraestruturas: Poremos en marcha o polígono industrial da Ramallosa, para que as empresas se instalen en Teo e crear así postos de traballo.
Emprego: Facilitaremos as licencias “exprés” para non demorar os prazos na creación de empresas. Favoreceremos ás empresas que contraten traballadores de Teo. Tamén me gustaría que cando se contraten obras, as empresas locais teñan preferencia para acceder ás mesmas.
Servizos sociais: Crearemos un centro de día. Favoreceremos a accesibilidade, programas de conciliación á vida laboral e familiar e potenciaremos as axudas ao servizo no fogar.
Seguridade viaria: Faremos outro tipo de sendas, que vaian pegadas aos peches das casas. Tamén levamos un programa de estradas en Teo e actuaremos na estrada dos Catro Camiños á parroquia de Teo.
Traballaremos coa Deputación no paso de Laxes (Cacheiras), que tamén precisa ser reparado, a creación dunha rotonda en Carballal (Calo) e queremos mellorar a luminosidade e señalización da estrada de Os Tilos ata Pontevea.
Saúde: Queremos manter os centros médicos que temos e tivemos conversas co Sergas para a posibilidade de facer un PAC en Teo.
asnovas: Todas as formacións van polas parroquias para consultar os problemas da veciñanza, pero despois, na chamada “casa de todxs” non se nos escoita. De que serve un pleno no que os cidadáns non poden expresar a súa opinión. Cambiaría iso?
Guerra: É certo que non se lles deixa participar; nos catro anos que estiven aí só participaron os veciños da Pedreira, e con todo o dereito. Pero creo que sí. Os veciños, desde logo, con nós van poder participar, facer preguntas, e de todo.
“O que fixen foi debatir cos meus veciños polas parroquias, pateando as aldeas”
asnovas: Que opina das críticas que recibe dende os demais partidos por non asistir á proposta do debate público, nin ao debate organizado por Santiago TV?
Guerra: Eles saben xa que van pactar. Non sei a que van un debate eles tres cando pensan o mesmo. Eu o que fixen foi debatir cos meus veciños polas parroquias, pateando as aldeas, dicíndolle o que podo facer por eles. Coñezo cada curruncho de Teo porque nacín en Teo, teño a sorte de vivir en Teo e son dos únicos que nacín en Teo.
asnovas: A situación do Partido Popular a nivel nacional, sumada á corrupción e á imputación do ex alcalde Armando Blanco por presunta prevaricación administrativa, poden afectarlle electoralmente?
Guerra: Iso é historia e nós somos un equipo renovado, partimos con xente nova, con ganas de traballar por Teo. Unha vez que entremos aí poden xulgarnos polos nosos feitos, pero de momento somos un equipo renovado, con ideas, con ilusión e con xente xoven. Non creo que me afecte electoralmente porque son unha persoa cercana, que fala coa xente e que non ten que finxir un sorriso.
asnovas: Que pode diferenciar ao Partido Popular de José Manuel Guerra do Partido Popular que deixou o goberno hai oito anos?
Guerra: A renovación, a xuventude, a formación, a cercanía coa xente. E o traballo en beneficio dos veciños, sempre. Transparencia e honradez.
asnovas: Estamos a vivir a irrupción de novas formacións políticas como Podemos ou Ciudadanos, que se confirman como fortes alternativas de goberno. Cre que este feito pode levar á desaparición do PP?
Guerra: O Partido Popular é unha estrutura moi forte, moi unida. Pode que últimamente non estea atravesando por un bo momento pero as outras formacións tamén tiveron os seus problemas, e de aí que estea o país como está. Pero quero engadir que non todas as mazás que están na cesta están podres, xa que dentro desa cesta hai xente que está pola labor de traballar en prol dos veciños, e o Partido Popular ten que ser ese referente de traballo e honradez.
asnovas: Por que deberían os veciños e veciñas teenses votar a súa candidatura?
Guerra: Porque non me mola a política, mólame o benestar dos meus veciños e vexo que en Teo, durante oito anos, non anduvemos para adiante. Temos que facer un concello de primeira, como fomos ata hai uns anos, e non un concello de segunda nin de terceira. Iso é o que me mola a min, traballar en favor dos meus veciños. Comigo e co meu equipo temos que volver a poñer Teo no punto de referencia onde estaba.
Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo
Día: 11/09/2015
Hora: 19:00
Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo
Día: 12/09/2015
Hora: 17:00
Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express
Día: 18/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses
Día: 19/09/2015
Hora: 21:00
Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk
Día: 25/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Parque dos Tilos
Opinión
Queres expresarte?
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento?
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas
Mes / Ano

