ArcosTilos celebra o Samaín por todo o alto
- RSR | CELEBRACIÓNS | ARCOSTILOS
- 5 nov 2015
- 1 Min. de lectura
Os nenos e nenas poderán desfrutar dunha merenda conxunta, xogos ou contos

O próximo venres, 6 de novembro, chega a ArcosTilos o Samaín.
Dende as 16:30 horas celebrarase esta festividade con terroríficas sorpresas, obradoiros, xogos cheos de maxia ou contos. Ademais, realizarase unha saída cos disfraces en caso de que o tempo o permita e levarase a cabo unha merenda coas aportacións dos socios e socias.
Por outro lado, realizarase un concurso de cabazas, no que se valorará a súa orixinalidade e creatividade. O tempo máximo de presentación das mesmas será até mañá as 17:30 horas.
Será imprescindíbel que os nenos e nenas asistan á festa acompañados por un adulto e baixo inscrición previa. As entradas para os asistentes que non sexan socios terán un prezo de 1 euro no caso dos menores de 11 anos e de 2 euros para los maiores de 12 anos.
Comments