top of page

ARCOSTilos celebra as Aventuras de San Martiño

  • MLC | ARCOSTILOS | Celebracións
  • 12 nov 2015
  • 1 Min. de lectura

A xornada do 11 de Novembro, festivo local no concello de Teo, a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos, abreu as súas portas en horario continuado de 7:30 a 20:30 horas, realizando diversas actividades vencelladas á celebración e ao outono nunha nova xornada de Conciliación.

Imaxe ARCOSTilos

A celebración enmarcada na actividade «Aventuras de San Martiño» contou con preto de sesenta rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos que disfrutaron dun día con múltiples actividades.

Os máis cativos e cativas realizaron un «pista e rastrexo» cunha gran variedade de probas relacionadas co outono para finalmente conseguir atopar a «Castañeira», quen os agasallou con castañas.

Dende ARCOSTilos salientan ademais que para o grupo de rapaces e rapazas máis maiores se realizou unha saída ao parque na que disfrutaron do outono e de diferentes xogos.

Os cativos e cativas do obradoiro da tarde, pola súa parte, elaboraron e degustaron galletas con forma de castaña, feitas por eles mesmos.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page