QUEN SOMOS
as novas de Teo é un portal dixital informativo adicado completamente ao Concello de Teo.
A través destas liñas que está a ler, queremos darlle a benvida a un novo medio xornalístico, no que cremos nun periodismo cercano, que se centre nos asuntos “da nosa casa”.
Nesta casa que hoxe comezamos a construir, queremos que a rigurosidade e a independencia sexan dous dos nosos piares básicos, sobre os cales queremos erguer todo un medio veraz e sensato, no que lle contaremos todo o que ocorra e teña lugar no noso pobo sen filtros nin cadeas, xa que só así entendemos que se pode contar a “verdade”.
Queremos, polo tanto, contarlle as cousas tal e como son, sen imporlle ao lector ningún tipo de vista nin ideoloxía, de modo que prime o seu espírito crítico e a súa capacidade de reflexión, pois entendemos que a información é libre de dar e entender.
Outro dos piares sobre o que queremos construir a nosa vida, será a proximidade con vostede, ou contigo, xa que non só informaremos, senon que lle poñeremos voz a todo aquel que queira expresarse nas nosas páxinas.
E o noso deber, é facelo dun xeito gratuito e de calidade. Malia que a nosa financiación está, deste xeito, supeditada aos anunciantes, isto non minguará o noso rigor e independencia.
Cremos na seriedade e profesionalidade do noso cometido, cremos nunha sociedade libre de estar informada dun xeito veraz e sen manipulación de ningún tipo; e é por todo isto polo que quemos ser o medio de información referente en Teo.
Dámoslle pois a benvida a esta aventura.
Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo
Día: 11/09/2015
Hora: 19:00
Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo
Día: 12/09/2015
Hora: 17:00
Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express
Día: 18/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses
Día: 19/09/2015
Hora: 21:00
Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk
Día: 25/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Parque dos Tilos
Opinión
Queres expresarte?
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento?
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas
Mes / Ano

