top of page

EMUNICIPAIS 2015 - ENTREVISTA UXÍA LEMUS (PSdeG-PSOE)

Uxía Lemus: “Creo que temos un espazo natural en Teo que temos que recuperar”

 

Entrevistamos a Uxía Lemus, doutora en Ciencias Políticas pola USC e candidata do PSdeG- PSOE de Teo para as eleccións municipais do próximo 24 de maio. Entrou en política, a que entende “como unha forma máis de activismo”, no ano 2011, e dende enton, é concelleira da oposición no Concello teense. É afeccionada á natación cando o seu tempo libre llo permite. Asegura tamén que o seu marido máis ela son “moi sociales” e bromea con que se adican á “ vida contemplativa de bares”, e considérase unha persoa moi “familiar, loitadora e persistente”, que ás veces é demasiado “autoesixente” e pode ser “moi pesada”. Recoñece que se toma a vida “con moito humor”.

 

as novas de Teo: Que destacaría do seu equipo?

 

Uxía Lemus: A preparación. É xente moi preparada, experta no que está falando e que leva moito tempo na política municipal.

 

asnovas: Que problemas detectan en Teo?

 

Lemus: O desemprego, sobre todo en mozos, mulleres… Os problemas de humanización e seguridade viaria e despois abastecemento e saneamento nas aldeas.

 

asnovas: Pasamos a unha ronda rápida na que pedimos unha proposta para cada un dos seguintes eidos.

 

- Economía: Redución do déficit nos servicios municipais.

 

- Educación: Camiños escolares seguros.

 

- Igualdade: Unha web adicada soamente para Teo e igualdade, para que as asociacións poidan participar na igualdade co Concello.

 

- Mocidade: Mellorar a política cultural.

 

- Cultura: Facer un bono cultural, sobre todo para mozos e maiores.

 

- Transporte: Intentar poñer en marcha o que sería o transporte interno, pero sobre todo facer un estudo de mobilidade. Temos moitos problemas de mobilidade no Concello entre parroquias.

 

- Urbanismo: Unha maior planificación, sobre todo que non teñamos os problemas que tiñamos ata dun único proxecto para todas as obras. Un poco máis personalizado por parroquias.

 

- Emprego: En emprego temos a idea do polígono agrícola. É unha forma de buscar emprego sobre todo aproveitando que temos un recurso endóxeno que non estamos aproveitando.

 

-Servizos sociais: Sobre todo, eu creo que, seguir loitando porque se manteñan os servizos sociais no Concello, que iso vai ser moi complicado. 

 

- Seguridade vial: Hai tantas cousas por facer… O das sendas viarias non o teño moi claro. Eu creo que sería mellor facer outro tipo de beirarrúas en condicións. Facer o dos camiños escolares para todo o mundo.

 

- Saude: Eu creo que, por exemplo, o Centro de Pontevea está moi mal en canto a servizos. Sobre todo se queixa moita xente de que ten que ir a Cacheiras a buscar as citas. Hai que mellorar os servizos que temos, claramente.

 

asnovas: Todas as formacións van polas parroquias para consultar os problemas da veciñanza, pero despois, na chamada “casa de tod@s” non se nos escoita. De que serve un pleno no que os cidadáns non poden expresar a súa opinión. Cambiaría iso?

 

Lemus:  Sí, temos mecanismos moi antigos de participación, tanto por redes sociais (porque sería moito mais lóxico porque moitos de nós xa funcionamos por redes sociais), pero incluso nos plenos temos un mecanismo de participación no que ti podes facer unha proposta, pero non podes responder a un político. É dicir, ti fas a proposta, o político responde, ábrese un debate entre os representantes municipais, pero o veciño non pode volver a falar. É un mecanismo antigo. Habería que facer outro tipo de mecanismos. Xa polo menos, polas redes sociais é moito máis fácil participar hoxe en día.

 

“Estase discutindo iso de ser o apéndice da capital, pero eu creo que temos que ter un modelo propio e nós o temos”

 

asnovas: No 2011, o PSdeG de Teo estivo a piques de quedar sen representación no Concello. Cre que este ano poderán mellorar o seu resultado?

 

Lemus: Sí, eu estou segurísima. O do 2011 creo que foi un mal resultado, eu creo que agardado por todos. A situación era a que era nese momento, non era responsabilidade da agrupación. Creo que temos un espazo natural en Teo que temos que recuperar.

 

asnovas: Dende todos os partidos políticos se reclama a igualdade tanto nas candidaturas electorais como nos programas. O feito de que sexas a única candidata, é unha mostra de que aínda queda moito por facer?

 

Lemus: Primeiro, é complicado. Incluso dentro dos partidos o feito de ser muller, pero eu creo que tamén na sociedade aínda hai problemas. Nós xa, soamente por problemas de conciliación, xa temos difícil chegar a mecanismos de representación, pero bueno, nesas estamos.

 

asnovas: Cre que a imaxe do PSOE a nivel nacional pode perxudicar os resultados que obteñan a nivel local?

 

Lemus: Bueno, hai cosas que poderíamos mellorar moito. Hai cousas do partido que todavía non cambiarion, pero a verdade e que eu polo menos agradezo o outro aire que temos. Xa non estamos tan rancios. Creo que estamos empezando a facer outra forma e a aplicala. Eu creo que nos pode beneficiar.

 

asnovas: Con que político socialista se identifica máis Uxía Lemus?

 

Lemus: Co ideólogo socialista Fernando Morán.

 

asnovas: Por que deberían os veciños e veciñas teenses votar a súa candidatura?

 

Lemus: Primeiro porque ofrecemos unha garantía de que sabemos do que estamos falando, temos proxecto e temos un equipo fantástico. Eu creo que tamén o que estamos intentando e dar un futuro para Teo. Estase discutindo iso de ser o apéndice da capital, a gran expansión, pero eu creo que temos que ter un modelo propio e nós o temos.

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page