EMUNICIPAIS 2015 - ENTREVISTA RAFA SISTO (SONdeTEO-ANOVA)
Rafael Sisto: “No próximo ano debe quedar completamente saneado o Concello e iso nos vai a dar moita libertade para realizar investimentos”
Rafael Sisto, candidato á alcaldía de Teo por SONdeTEO-Anova, naceu en Luou e é licenciado en Ciencias Químicas e doutorado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. O que foi Concelleiro de Urbanismo de Teo dende o ano 2007, iniciou a súa andaina na política “de forma circunstancial” cando aínda era estudante na Universidade de Vigo. Forma parte do coro de Luou e no seu tempo libre gústalle correr, momento no que asegura que é onde máis pensa e toma as súas decisións. Ademais, defínese como unha persoa honesta, moi clara e dedicada á súa familia e amigos.
as novas de Teo: Que destacaría do seu equipo?
Rafael Sisto: Eu destacaría a confluencia de persoas cunha ampla experiencia de goberno e, por outra, a incorporación de xente nova, involucrada nos problemas de Teo desde outro punto de vista. Eu creo que iso supón un aporte moi interesante e que axuda a renovar os proxectos, que se non se renovan acaban morrendo. Nese sentido creo que consolidamos un modelo Teo.
asnovas: Que problemas detectan en Teo?
Sisto: Problemas hai moitos e diversos, fundamentalmente derivados da situación económica que viven os Concellos. Onde centraría maiores problemas é na relación coas outras administracións, cando requires de obras que fan necesaria unha coperación entre administracións, como por exemplo, o colector central. Outro, por exemplo, o transporte, na medida en que dependemos da Dirección Xeral de Mobilidade até para as liñas interiores que afectan só ao propio Concello.
asnovas: Pasamos a unha ronda rápida na que pedimos unha proposta para cada un dos seguintes eidos.
- Economía: O fundamental é rematar o saneamento do Concello. No próximo ano debe quedar completamente saneado e iso nos vai a dar moita libertade para realizar os investimentos que necesitemos.
- Educación: É fundamental a ampliación do CEIP dos Tilos. Estamos desenvolvendo proxectos de dotacións que se requiren para facer iso e consideramos que no próximo curso deberiamos completalo para disfrutalo no curso seguinte.
- Igualdade: O fundamental é propiciar a colaboración cos movementos asociativos e ser moi estrictos tanto no cumplimento de todas as contratacións que dependen directamente do Concello, como ademais na propia relación cos proveedores do Concello.
- Mocidade: O que necesitamos é propiciar, desde os ámbitos culturais e deportivos, a implicación da mocidade no desenvolvemento desas actividades, e iso se fai favorecendo, por exemplo, económicamente aos clubs que coidan as canteiras ou ás asoacións que fagan actividades dedicadas á mocidade.
- Cultura: Temos que consolidar o modelo iniciado. Por un lado, seguir favorecendo o desenvolvemento das asociacións culturais e temos que facer apostas como a que supuxo Chévere no seu momento, é dicir, dar un plus que sexa capaz de retroalimentar ás propias asociacións.
- Transporte: Por un lado, temos que necesariamente forzar á Dirección Xeral de Mobilidade para que autorice a posta en marcha da liña de transporte interior. Por outra parte vamos a seguir mellorando o transporte comarcal e pretendemos tamén empezar a dar os primeiros pasos para, en cooperación con Santiago, pensar nun medio de transporte que non pase por meter os coches en Santiago.
- Urbanismo: No que respecta ás infraestruturas propiamente ditas, nós queremos apostar por infraestruturas que xeneren cidade. Gustaríanos ir á construción dun mercado de abastos, ir a cubrir algún parque infantil… No que no nos correponde a nós directamente, temos que facer unha actuación moi decidida para que Augas de Galicia por fin constrúa o colector que ten deseñado e que nos permitirá dar servicio a toda a zona central de Pontevea.
- Emprego: Hai dúas medidas que son moi complementarias. Por una parte temos que ir xa á construción do polígono industrial e por outra parte, queremos que na parte que corresponde ao Concello nese polígono, permita crear espazos de titularidade municipal nos que a xente que queira iniciar un proxecto poida desfrutar deses espazos.
-Servizos sociais: O obxectivo básico é que ninguén quede sen luz, sen agua, sen vestido, sen algunha das necesidades básicas por falta de recursos. Esa prioridade complétase coa colaboración social a través de voluntariado, para xenerar esa rede de apoio. Outra prioridade é manter as escolas infantís.
- Seguridade vial: Eu creo que temos avanzado moito, pero é certo que nestes últimos tempos a circulación dos peóns incrementouse moitísimo. Entonces iniciamos o proceso de creación de sendas peonís e vaise a continuar.
- Saúde: Temos unha cuestión pendente que, desde logo, temos que dilucidar dunha forma inmediata, que é o Centro de Día.
asnovas: Todas as formacións van polas parroquias para consultar os problemas da veciñanza, pero despois, na chamada “casa de tod@s” non se nos escoita. De que serve un pleno no que os cidadáns non poden expresar a súa opinión. Cambiaría iso?
Sisto: Iso non é exactamente certo. É dicir, aquí existe un mecanismo de participación cidadá, que sí é certo que se vinculiza a través das asociacións. A participación directa de cidadáns, pois igual é un dos campos nos que podemos avanzar. Non me parece descabellado nin nada que exista un tempo limitado en cada pleno municipal para que os cidadáns plantexen directamente as cuestións que consideren.
“A marcha de Martiño para nós o único que fai é abrir as portas a que o noso proceso avance. Cremos que iso vai a revitalizar o noso proxecto”
asnovas: Cre que a marcha de Martiño e a escisión co BNG lles perxudicará electoralmente?
Sisto: Eu creo que son dous aspectos distintos totalmente. A escisión do BNG, nós consideramos cando demos ese paso que era necesario facelo, porque manternos nesa posición nos iba a levar á desaparición, na práctica. Entón era unha aposta da que estamos convencidos de que fixemos o que tiñamos que facer e que desde logo non nos vai a traer prexuízos electorais. E por outra parte está a marcha de Martiño, a cal nós non a vemos como un prexuízo en absoluto. Nós non somos una candidatura independiente. Somos un proxecto para o Concello e temos un proyexto para o país. Entón, que Martiño despois de cumprir ata o último momento o seu compromiso para en oito anos no Concello, pois deu paso a presentarse en Compostela, para nós o único que fai é abrir as portas a que o noso proceso avance. Cremos que iso vai a revitalizar o noso proxecto.
asnovas: Que cousas quedaron no tinteiro despois destes 4 anos?
Sisto: Unha é o colector central e outra as liñas interiores de transporte. Esas son as dúas espiñas que máis temos clavadas destes catro anos.
asnovas: É beneficioso para o Concello adquirir tantas responsabilidades coa municipalización de servizos que propón SONdeTEO-ANOVA?
Sisto: Queremos municipalizar o servicio eléctrico, o servizo de limpieza viaria e o servizo de limpieza dos edificios municipais. Cremos que son servizos dunha competencia municipal directa e onde o Concello ten a posibilidade de ter o control directo sobre a xestión. Cremos que sería moi fácil e pouco custoso e ademais rentable económicamente.
asnovas: Leva traballando como concelleiro de urbanismo en Teo durante 8 anos. Dende a oposición recibiu críticas en tanto á anulación parcial do PXOM, a execución das sendas peonís, a xestión do abastecemento da auga... Como cre que infuirán estes feitos de cara ao 24M?
Sisto: Recibir críticas non é malo. A desgracia sería que ti fixeras cousas e que ninguén as valorase e, igual que hai críticas negativas, hai críticas positivas. Eu creo que o balance xeral é moi positivo.
asnovas: Por que deberían os veciños e veciñas teenses votar a súa candidatura?
Sisto: Eu creo que deberían votala, por unha parte pola nosa traxectoria, porque coa nosa traxectoria nos identificamos na coherencia e na honestidade. Coñecemos moi ben esta realidade municipal, sabemos cales son os puntos nos que debemos incidir para avanzar positivamente e ademais, a incorporación de xente vinculada a movementos sociais pódenos insuflar aire novo que nos dé unha visión desde fóra. Eu creo que é unha proposta que xenera moita confianza e que estou convencido de que os veciños de Teo nos van a trasladar nestas eleccións.
Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo
Día: 11/09/2015
Hora: 19:00
Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo
Día: 12/09/2015
Hora: 17:00
Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express
Día: 18/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses
Día: 19/09/2015
Hora: 21:00
Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk
Día: 25/09/2015
Hora: 18:30
Lugar: Parque dos Tilos
Opinión
Queres expresarte?
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento?
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas
Mes / Ano

