A postal gañadora do Concurso de Nadal xa ilustra a cartelería da programación de Nadal do Concello
- as novas de Teo
- 16 dic 2014
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Concello de Teo
Dos casi 1.000 participantes no Concurso de Postais de Nadal, 19 nenos e nenas foron os premiados.
O primeiro premio foi para Pablo Millares, de cinco anos e alumno do CEIP Os Tilos. A súa postal ilustra xa os carteis da programación de Nadal do Concello de Teo.

A entrega de premios tivo lugar a pasada semana. No acto, o xurado destacou o número de propostas presentadas, agradeceu a implicación dos "participantes e o profesorado dos centros escolares" e animou aos rapaces a "continuar transmitindo a través dos debuxos e das cores a súa visión da realidade".

O resto de premiados foron os seguintes:
Na categoría A (educación infantil) obtivo o segundo premio Daniel Millares, do CEIP Os Tilos. Lucía Tarrío, Lucía Buján e Xoel García, da EIM A Ramallosa, Roi Fernández, da escola do Raxó, Paula Ferro, da escola de Recesende, Tania Mera, da escola da Casalonga, conseguiron os accésits.
Na categoría B (primeiro ciclo de primaria) recibiu o primeiro premio Roi Rial do CEIP A Ramallosa. O segundo premio foi para Carla Feros do CEIP A Igrexa Calo e os accésits foron para Lucas Carbia e Daniel Baños, do CEIP A Ramallosa, e para Sara Rodríguez.
Na categoría C (segundo ciclo de primaria) o primeiro premio foi para Manuela Pita do CEIP Os Tilos. Sabela Cambón, do CEIP A Igrexa Calo acadou o segundo premio e Martín Carbia e Alicia Abraldes, do CEIP A Ramallosa, e Uxía Amado e María Díaz, do CEIP Os Tilos, os accésits.
Comments