top of page

EDITORIAL: Primeiros pasos

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 18 dic 2014
  • 2 Min. de lectura

/Raquel Semitiel / Manuel Antonio Lareo

logohorizontal.png

Con sentido, paseniño, sen facer ruído, con tino, cos pés no chan: así é como bota a andar hoxe o novo medio xornalístico de Teo.


Todo comezou hai un ano, como froito dun traballo final do grao de periodismo; o que moitos poden ver como unha tortura.


Despois de moitos días e moitas horas, demos coa idea. Acabamos por atopar algo máis que unha oportunidade: unha necesidade.


Por que un pobo coma Teo carecía dun medio de comunicación? Puxémonos mans á obra para pescudar, investigar, estudar, e coñecer a fondo todo o que nos podía aportar a nosa vila. Falamos coa xente, estudamos a outros medios xa existentes, e chegamos a comprender que faltaba moita información que aportar á cidadanía. Unha cidadanía que agora, máis que nunca, quere saber.


Xa non serven pequenas novas narradas en dous parágrafos. Cada vírgula conta.

E é ese o motivo polo que as novas de Teo ve hoxe a luz. Queremos ser o medio que lles conte aos teenses todo o que está agochado; o medio que lles ensine toda a diversidade que nos compón. E que non teña ningún tipo de límites.


Por iso escollemos a plataforma dixital, que nos permitirá adicarlle ás nosas novas o máximo espazo, para que ninguén perda o máis mínimo detalle do que aconteza na nosa vila.


as novas de Teo nace co compromiso de ser un medio riguroso, de calidade, e plural; e por iso lle deixaremos un espazo a todo aquel que queira expresarse nas nosas páxinas. E dende aquí, informaremos sen máscaras, nin filtros, de todo o que aconteza en Teo.

Esperamos que este camiño que hoxe comezamos a andar sexa longo, e que as novas de Teo chegue a ser o referente informativo da cidadanía teense, para a que traballaremos a esgalla; sen dúbida.


Invitámolos pois a que nos acompañen nesta andaina, na que ninguén nos vai calar, pese a quen lle pese, porque en as novas de Teo imos a loitar sempre pola verdade, pola xustiza, polo cumprimento dos dereitos humanos, e por unha sociedade mellor, e sen prexuízos.


Dámoslles a benvida, a as novas de Teo.

 
 
 

Kommentare


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page