Axenda cultural (20-21 de decembro)
- as novas de Teo
- 19 dic 2014
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
Mañá sábado, celebrarase unha nova edición da Festa de Inverno do Mercado de Alimento Labrego. Será na praza do mercado dos Tilos, onde a partir das 11:00 horas da mañá, todos os asistentes poderán visitar os postos de artesanía e mercar produtos labregos do noso municipio.
Ademais, ese mesmo día e o domingo 21, os máis cativos e as súas familias poderán asistir á exposición "As ilusións Ópticas do Mago Romarís", na casa común de Oza.
O sábado 20, o horario da mostra será de 12:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas.
En canto ao domingo 21, o horario será de 12:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.
O domingo, tamén terá lugar o derradeiro Cantateo deste Nadal 2014, no que actuarán a Coral da A. C. Cruceiro do Monte e o Coro da Igrexa Evanxélica da Ramallosa, o Coro Parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos.
O concerto será no auditorio da Ramallosa, a partir das 17:00 horas.
E ás 18:00 horas do domingo, os que queiran desfrutar dunha tarde de comedia, poderán facelo no Local Social de Bamonde, onde actuará a actriz Paula Carballeira co monólogo "Os contos que non me contaron".
A entrada a todos os eventos é gratuíta.

Commentaires