top of page

Beatriz Calavia, primeira voceira do Círculo PODEMOS de Teo

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 23 dic 2014
  • 2 Min. de lectura

/as novas de Teo/ Círculo PODEMOS Teo

A nova formación comeza así o seu proxecto para chegar a todos os teenses que queiran participar activamente na política do municipio


O Círculo Podemos de Teo celebrou o pasado día 18 unha asamblea aberta na que os participantes decidiron “comezar a traballar para chegar á xente do municipio que aínda non os coñece”. O Círculo teense ven arrastrando unha falta de participación cidadá dende o seu nacemento. Malia que son 76 as persoas inscritas no noso municipio, segundo os datos que aparecen na web oficial, só 5 persoas asistiron á última asamblea.


Entre os puntos que se acordaron, estivo o de non concorrer ao proceso municipalista da corporación, pero sí “formularse como ferramenta que traballe pola xente do Concello para que esta comece a implicarse na vida política”.

Beatriz Calavia

Con este fin, a formación escolleu por unanimidade a Beatriz Calavia, avogada e residente en Montouto, como primeira voceira do Círculo, cargo que ocupará de forma provisional debido a que este terá un carácter rotatorio. Outro acordo foi o de “iniciar conversacións coa xente do municipio para a creación dunha plataforma veciñal (virtual e física) onde se cree un espazo de comunicación, opinión e información entre a veciñanza, asociacións, agrupacións e demáis vida activa do Concello na que non só se debatan temas cotiás, problemas ou informacións, se non que tamén se poida chegar a tomar acordos en forma de documentos que logo poderían ser levados aos organismos correspondentes e mesmo á súa votación mediante algún tipo de consulta popular se fose preciso”.


Outra medida acordada foi a de dar a coñecer o Círculo, xa que as plataformas das que dispón a nova organización para publicitarse son escasas, e “as redes sociais e os medios electrónicos son os que poden facer máis doada unha labor que se entende complicada polo carácter rural do Concello na súa ampla maioría, con núcleos urbanos onde se concentra a maior parte da poboación”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page