top of page

A poboación de Teo aumenta en 312 persoas, segundo o último informe do INE

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 26 dic 2014
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo/ INE/ Agrupación Socialista de Teo

A poboación do Concello de Teo aumentou nun 1,74%, segundo os datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estadística

Poboación

Este crecemento supón un aumento de 312 persoas respecto aos datos do ano 2013, onde aparecían empadroadas 17.942 persoas. Teo é o segundo Concello onde máis medrou a súa población, cun total de 18.254 habitantes, segundo os últimos datos do INE sobre xaneiro de 2014.


A pesar destes datos, a concelleira socialista, Uxía Lemus, argumenta que a subida non foi de 312, senon de 207 persoas, xa que cos datos dispares entre o Concello e o INE as cifras son diferentes. Por iso, a voceira do PSOE insta ao grupo de goberno a elaborar un informe que testemuñe as causas deste aumento.


Ademais, asegura que dende o PSOE de Teo se fará unha análise do “vaivén de poboación” producido no Concello nestes últimos anos.


O grupo socialista critica tamén o dato negativo do crecemento vexetativo en Teo, que podería provocar "a longo prazo o despoboamento dun concello que un día pretendeu superar a barreira dos 20.000 habitantes, o que desde a desastrosa reforma local do Partido Popular é unha necesidade fundamental para manter servizos de calidade no noso concello".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page