O Concello abre a convocatoria da concesión de doce hortas urbanas
- as novas de Teo
- 26 dic 2014
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Concello de Teo
Tres das doce parcelas serán para persoas en situación de emerxencia social

Dende mañá, sábado 27 de decembro, até o 15 de xaneiro de 2015, o Concello abre a convocatoria para a concesión de doce hortas ubicadas nunha finca municipal en Tras do eixo, na parroquia de Cacheiras.
Das 12 parcelas, tres delas estarán destinadas a persoas en situación de emerxencia social. Outras tres serán para persoas maiores de 65 anos e as outras seis aduxicaranse entre o resto das solicitudes. As nove hortas restantes adxudicaranse mediante sorteo público. A cesión será dun ano de duración, prorrogable por outro ano.
Entre algúns dos requisitos, están os de ser un veciño empadroado en Teo e estar ao corrente coas obrigas tributarias co Concello de Teo.
Na web do Concello, pódense atopar os formularios de solicitude e as bases completas da adxudicación.
Commenti