O Mago Romarís mostrou a súa exposición de "Ilusións Ópticas" en Oza
- as novas de Teo
- 26 dic 2014
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
Nenos e maiores poideron divertirse nesta exposición do mundo máxico do Mago Romarís a pasada fin de semana

Esta exposición recolleu unha selección das mellores Ilusións Ópticas do mago, desde as máis clásicas, que levan sorprendendo desde hai séculos, até as máis novidosas e impactantes.
Os visitantes poideron atopar diferentes ilusións, como anamorfoses, imaxes ambiguas, cadros con figuras imposíbeis, pareidolias, trucos de levitación, hologramas e mesmo un máxico taboleiro de xadrez. Un mundo de ilusións no que nada era o que parecía ser.
Ademais, o público tamén puido interactuar coas ilusións, medindo elementos que parecían diferentes, empregando os seus teléfonos móbiles para ver que non todo o que vían era real, e tocando obxectos que en realidade non existían.
Podes ver a galería de imaxes da exposición premendo aquí.
Tamén podes ver este breve resumo, en vídeo, da exposición.
Comments