O Amio e o Calo S.R. foron os campións do III Torneo de Canteiras
- as novas de Teo
- 28 dic 2014
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
O equipo prebenxamín do Amio e o benxamín do Calo S.R acadaron a vitoria contra o Atl. Fátima e o Conxo respectivamente.

Durante a tarde do pasado venres 26 e todo o sábado 27, desputouse no pavillón dos Tilos o III Torneo de Canteiras do Praíña Sporting Club. Arroupados polas súas familias e outros seguidores dos equipos, conseguiron pasar á primeira semifinal da categoría prebenxamín o Amio e o Atl. Fátima A (1-0). Na segunda semifinal xogaron o San Francisco Teo e o Atl. Fátima B (1-2). O trofeo de campión foi finalmente para o Amio, que venceu cun abraiante 4-0 ao Atl. Fátima B.
En canto á categoría benxamín, chegaron ás semifinais o Calo S.R e o Amio (1-0) e o Santiago Futsal e o Conxo (1-3). Alcanzaron a final o Conxo e o Calo S.R., quen despois de media hora de partido gañou por un 2-1 ao seu rival.

Durante o torneo, os participantes de todos os equipos doaron xoguetes que, ao final da competición, se lle entregaron á Protección Civil para que ningún neno pase este Nadal sen un regalo.
Podes ver máis imaxes da entrega de trofeos premendo aquí.
Comments