A Audiencia Nacional anula a sanción de Ezequiel Mosquera
- as novas de Teo
- 3 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Imaxe: RTVE
O tribunal recoñécelle ao ciclista teense o segundo posto na Vuelta 2010 e a súa vitoria na Bola do Mundo

Deste xeito queda anulada a sanción que se lle impuxo ao deportista polo seu positivo por hidroxietil na Vuelta 2010, na que acabou segundo.
A Audiencia anulou a sentenza con data do 28 de febreiro de 2014, ditada polo maxistrado-xuíz do Xulgado Central Contencioso-Administrativo no procedemento ordinario seguido nese Xulgado contra a Resolución do Comité Español de Disciplina Deportiva da Federación Española con data do 24 de febreiro de 2012.
Do mesmo xeito, queda anulada a resolución e, polo tanto, deixa sen efecto a sanción que veu determinada pola non xustificación da procedencia do hidroxietil, substancia que producía a expansión do volume plasmático, e que acarrexaba a suspensión inmediata se se administraba por vea.
Mosquera non quixo facer declaracións, pero sí lle transmitiu á axencia EFE que está "esgotado, fatigado e farto dun proceso que, coa lei na man, nunca tería que haber pasado".
O ciclista teense retirouse en marzo de 2012 por mor desta sentenza, que o inhabilitaba para competir durante dous anos.
Comments