Os Reis Magos chegan un ano máis a Teo
- as novas de Teo
- 3 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Concello de Teo
A comitiva real comezará ás 17:00 horas do luns 5 na estación de Osebe e rematará o seu percorrido no CSC da Ramallosa ao redor das 19:30 horas

Como é tradición no Concello, os Reis Magos chegarán en tren á estación de Osebe, en Calo. Dende alí, comenzarán o seu camiño, xunto cos seus paxes reais, por todo Teo.
O roteiro que seguirán as maxestades será o seguinte: ás 17:10 horas os Reis Magos estarán no local da SR. Calo, ás 17:40 horas pasarán polo local social da Pontevella (Reis). Un pouco despois, ás 18:20 horas está previsto o seu paso polo Centro Comercial dos Tilos, e media hora despois, ás 18:50 horas visitarán o centro da AC Rosalía de Castro (Cacheiras).
O itinerario rematará ás 19:30 horas no Centro Cultural da Ramallosa, onde os Reis Magos atenderán aos máis cativos, e ademais obsequiarán aos asistentes cun quebracabezas dos petroglifos de Teo. Ademáis, no centro sociocultural, os nenos e nenas poderán desfrutar de diversas actividades dende as 18:00 horas.
Kommentare