top of page

Dous camións e unha furgoneta accidentadas en Faramello

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 9 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo/ Protección Civil Teo/ Imaxe: Faro de Vigo

Esta mañá, ás 13:25 horas produceuse un accidente múltiple na N-550, en O Faramello (Calo)



Accidente Faramello

No suceso víronse implicados dous camións e unha furgoneta. Os conductores dos camións saíron ilesos, mentres que o da furgoneta tivo que ser excarcelado e trasladado ao hospital Clínico de Santiago.


Polo momento descoñécense as causas do accidente, aínda que se pensa que a causa máis probable foi o exceso de velocidade.


Ao lugar do accidente acudiron urxencias médicas, Bombeiros de Ordes, GES de Padrón, a Garda Civil da Coruña e Protección Civil do Concello da Estrada e de Teo, grazas á chamada dun particular ao 112.


A circulación tivo que ser desviada por outras estradas secundarias por mor do accidente, e rexistráronse retencións dende o quilómetro 72 ao 73,5 en ambos sentidos.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page