top of page

O Concello abre o prazo de inscripción para a escola de educación de adultos e abre o concurso para

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 9 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo/ Concello de Teo

As inscripcións poderán facerse até o día 31 de xaneiro. Ademais, ofértase unha praza temporal para o profesorado que impartirá o curso, que pode solicitarse até o 19 de xaneiro


O Concello oferta este curso para preparar as probas libres para a obtención do Graduado da ESO. Está previsto que o curso se imparta dende febreiro até agosto no Centro Sociocultural da Ramallosa. Os interesados, que teñen que ter cumprido os 18 anos antes do 31 de decembro de 2014, poderán presentar as súas solicitudes até o 31 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello. A orde de adxudicación irá determinada pola orde de inscripción dos alumnos.

O curso é gratuito e conta con 240 horas lectivas, dentro dun horario que se poderá compatibilizar coa xornada laboral.



Por outro lado, o Concello abre un proceso de selección para cubrir unha praza de mestre para impartir este curso. As persoas interesadas deberán entregar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do día 19 de xaneiro. A duración do posto de traballo será de seis meses, e a xornada laboral será de 12 horas semanais.

Neste enlace pódense consultar as bases relativas á convocatoria.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page