Manuel Anxo Fernández Baz será o candidato á alcaldía polo BNG de Teo
- as novas de Teo
- 10 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Imaxe: Facebook BNG Teo (actualizada a 14:18)
A asemblea local do BNG de Teo comeza a elaborar a listaxe que presentará ás vindeiras eleccións municipais de maio

A candidatura da formación nacionalista estará encabezada polo seu actual voceiro municipal, Manuel Anxo Fernández Baz,seguido de Ana Pintos Pérez, Renato Núñez Dasilva, Almudena Taboada Castro e Carlos Cebey Olveira.
A organización prevé que a listaxe definitiva quede definida "ao longo do mes de xaneiro incorporando as propostas que se realizaron nas asembleas abertas celebradas, destacando a incorporación de independentes, tal e como veu facendo o BNG históricamente.”
Fernández Baz agradeceu a confianza que deposita nel a asemblea local e fixo un chamamento á militancia e aos simpatizantes do BNG “para retomar o cambio iniciado en 2007 que se veu sumido na parálise desde 2012”; momento no que Martiño Noriega e parte do grupo de goberno actual abandonaron o BNG para unirse a ANOVA.
Dende o BNG informan do inicio dunha rolda de contactos con asociacións, entidades e veciños do concello para coñecer as súas demandas, as súas problemáticas, e a súa visión sobre o funcionamento do Concello co fin de elaborar o seu programa electoral.
Comments