top of page

O PP de Teo inicia a IV edición do ciclo "Escoita activa"

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 13 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo/ PP de Teo

A primeira escoita terá lugar este xoves 15 ás 20:30 horas no baixo do palco de Vilariño, e a segunda, o venres 16 en Bamonde á mesma hora

O voceiro do Partido Popular de Teo, José Manuel Guerra, inicia unha nova edición do programa Escoita Activa. Trátase dunhas xuntanzas veciñais onde o candidato á alcaldía recollerá as inquedanzas e demandas dos cidadáns de cada aldea.


Esta nova edición comezará o xoves 15 de xaneiro e as reunións celebraranse cada xoves e venres até finais de febreiro, nas que Guerra visitará cada unha das trece parroquias teenses.


Dende o PP de Teo aseguran que esta iniciativa propicia bos resultados para a veciñanza. Segundo o portavoz da formación popular, José Manuel Guerra, “esa cercanía coas persoas residentes en cada lugar do municipio é imprescindible para conseguir unha xestión municipal eficaz e ao servizo da veciñanza”.


O PP de Teo convoca estas xuntanzas dende o ano 2011 e aseguran son máis de 120 propostas veciñais as que levaron ao Concello nestes catro anos de lexislatura.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page