top of page

O PSdeG-PSOE de Teo propón a creación dun novo plan de igualdade

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 14 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo/ PSdeG-PSOE de Teo

A concelleira socialista, Uxía Lemus, presenta unha moción no Concello co fin de impulsar un novo Plan de Igualdade para Teo

Uxía Lemus

Dende a corporación socialista sinalan o fin da vixencia do Plan de Igualdade que comezou en 2010 e permanecen á espera do informe final para coñecer os resultados obtidos e, con estes, elaborar propostas de actuacións futuras.


Mediante esta moción, os socialistas queren acelerar a creación dun novo Plan de Igualdade que debe "contribuír a sensibilizar á cidadanía na aplicación das políticas de igualdade así como a introdución da perspectiva de xénero en todos os ámbitos da vida municipal".


O PSOE de Teo alerta ademais dos recortes en políticas de igualdade que sofren os organismos deste ámbito e as organizacións de mulleres, o que está a provocar un incremento das mortes e denuncias por violencia de xénero. É por isto polo que os socialistas teenses cren que dende o Concello se deben facer "todos os esforzos posibles para que as políticas de igualdade sigan a ser un elemento fundamental da acción pública municipal".


A voceira municipal, Uxía Lemus, sinala que "non chega cunha prórroga tácita do Plan de Igualdade", e solicítalle ao Goberno local "a redacción dun novo Plan de Igualdade do Concello de Teo”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page