Teenses pola igualdade celebrou este venres a II Charla-Coloquio de Muller e Saúde
- as novas de Teo
- 17 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
Estas charlas, impartidas pola doutora Charo Vázquez, son parte dun proxecto de información e seguimento da saúde das mulleres

Máis dunha vintena de persoas asistiron a esta segunda charla que continúa un proxecto que se paralizou o verán pasado, no que a doutora informa aos asistentes de diversos temas de saúde que non só van dirixido ás mulleres, senon tamén aos homes.
A estas charlas, que teñen lugar na sede da asociación na escola de Vilanova (Recesende), pode acudir calquera cidadán a informarse, dun xeito familiar, de como afrontar diversas etapas das nosas vidas e de como minimizar os efectos de enfermidades que nos poden afectar a curto ou longo prazo, como son a hipertensión ou a diabetes.
A vindeira sesión emprazarase para despois do Entroido, e nela trataranse temas como o fortalecemento do solo pélvico, mediante os exercicios de Kegel, ou medidas para previr ou minimizar os efectos da diabetes.

Comments