Catro imputados máis pola ampliación do contrato da auga en Teo
- as novas de Teo
- 20 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
A xuíza imputa a catro persoas máis pola presunta prevaricación administrativa vinculada á ampliación por 20 anos máis do contrato da auga no Concello de Teo en 2009

Os novos catro imputados correspóndense con María del Carmen Barros Rodríguez e Sara Currás Rey (ediles do Partido Popular naquel entón), Carlos Abal Lourido (avogado e asesor xurídico do Concello durante a alcaldía de Armando Blanco) e Alfonso Luaces Anca (directivo de Aquagest no período da sinatura do contrato da auga, sen que houbese consurso público previo).
Estas catro imputacións únense ás nove iniciais, das que oito eran cargos do PP de Teo durante os anos 2003 e 2007 (Armando Blanco Martínez, Manuel Cao Fuentes, Manuel Mata Iglesias, Manuel Cajaraville Campos, Antonio Castroagudín Valladares, José Vázquez Pallas -actualmente segue como concelleiro polo PP de Teo-, Juan Bautista Aller e Ramón Cea Ferreiro) e o concelleiro de IN-Teo, Manuel Parajó.
Os novos imputados terán que comparecer este venres 23 no xulgado número 1 de Santiago.
コメント