Buscar
Estefanía Ojea e Ángela Míguez formarán parte do Equipo Nacional Feminino de fútbol americano
- as novas de Teo
- 20 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo/ Imaxe: Twitter @CSFTeo
Ojea e Míguez, xogadoras do Club San Francisco Teo de fútbol americano, foron seleccionadas para o programa de preparación do Equipo Nacional Feminino

Ao estar dentro deste programa, as deportistas do club teense poderán chegar a ser escollidas para formar parte da selección española no Campionato de Europa, que se emprazará este mes de agosto en Granada.
Estefanía e Ángela suman así outro éxito máis nas súas carreiras deportivas, pois estiveron presentes na V edición da Copa de España de fútbol americano, no pasado mes de decembro. Nesta competición, as xogadores do CSF Teo formaron parte do Barbera Rookies, despois de que este equipo catalán solicitara a súa cesión para a competición.
Comentários