top of page

Increméntanse os controis policiais polo aumento de roubos nos últimos días

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 20 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

/as novas de Teo /Concello de Teo

Os roubos producidos nos últimos días en vivendas de Teo provocaron un incremento dos controis policiais

Imaxe

O goberno local pide que se manteña a calma, e destaca os incrementos da seguridade nas zonas de Calo e Cacheiras, onde onte un operativo formado por membros da Policía Local e a Garda Civil realizaron controis coa fin de aumentar a seguridade cidadá.


A responsable da Policía teense pide "que se extremen as precaucións de seguridade" e insta aos veciños a que, se ven algo sospeitoso, alerten á Policía Local (606 984 838) ou á Garda Civil (062), xa que segundo as forzas da orde "dar conta de aspectos que se saian do habitual pode axudar na investigación destes incidentes".


Segundo o Concello, o alcalde Martiño Noriega, reuniuse onte cos responsábeis da Policía local e da Garda Civil do Milladoiro de cara a recabar datos desta situación.

 
 
 

Commenti


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page