O Cacheiras perde o liderato nunha derrota contra o Urdilde | Resultados xornada 19
- as novas de Teo
- 20 ene 2015
- 1 Min. de lectura
/as novas de Teo
O Recesende gaña, o Praíña empata e o Cacheiras perde nunha xornada na que o Palmeira se fai lider da clasificación, empatado a puntos co Carcacía

Despois dunha xeira imparábel de once vitorias consecutivas, o Cacheiras perdeu o liderato da clasificación tras o empate co Porto do Son na xornada 18 (0-0) e a derrota contra o Urdilde o pasado domingo (2-1), nun encontro no que o seu entrenador, Iván Vázquez, foi expulsado.
En canto ao Recesende, gañou cun 2-1 na súa casa cos tantos marcados por Rubén Muras (min. 12) e Carlos L. Franco (min. 70). O gol dos visitantes foi de Daniel Santos.
O Praíña empatou no seu encontro co Rois, que sae do descenso. Despois dunha primeira metade sen tantos para ningún dos equipos, o Rois abriu o marcador cun penalti de José Vilas. Despois deste tanto local, o Praíña empatou cun gol de Diego Pernas no minuto 74. O final do partido foi frenético, cun tanto no último minuto de José E. González que lle daba a vitoria ao Praíña até que un penalti no tempo de desconto a favor do Rois acabou no fondo da portería, igualando os marcadores (2-2).
Clasificación 2ª División Autonómica, Grupo 5 (Xornada 19)

コメント