Alba María presenta "Aínda", o seu primeiro disco no Centro Sociocultural da Ramallosa
- as novas de Teo - Concello de Teo
- 21 ene 2015
- 1 Min. de lectura
O domingo 25, ás 20:00 horas do serán, a gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego, presenta o seu primeiro álbum de estudo

Na presentación de "Aínda", Alba María estará acompañada de Felipe Vilar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (percusión).
A artista, nada en 1995 nas Palmas de Gran Canaria, gañou en abril do ano pasado o certame teense que lle brindou a oportunidade de gravar o seu primeiro traballo. Alba María, quen agora reside en Vigo, estudou música no CMUS da cidade olívica e agora é alumna da Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque.
Segundo explican dende aCentral Folque, nos temas de "Aínda" destacan a "naturalidade e a xuventude". Na creación do CD, para o que Alba María compuxo as letras e as melodías das cancións, participaron grandes músicos como José Manuel Díaz e Alejandro Vargas, gañadores do premio Cubadisco.
A entrada ao concerto é gratuíta.
Comments