ANOVA Teo comeza a pensar nas eleccións de maio
- POLÍTICA | as novas de Teo
- 22 ene 2015
- 2 Min. de lectura
A corporación municipal de ANOVA, reuniuse en Asemblea para comezar a tomar decicións de cara ás próximas eleccións. Nesta ocasión estiveron acompañados por membros do Círculo Podemos de Teo

Na Asemblea do pasado mércores 21 tratáronse varios temas, entre os que figuraban o reparto do traballo para a elaboración do programa electoral, a elección do futuro portavoz da formación ou a búsqueda de fontes de financiación de cara ás próximas eleccións de maio.
En primeiro lugar, a Asemblea falou da necesidade de empezar a traballar no programa electoral desde dúas vertentes: unha xeral, do Concello no seu conxunto, e outra por parroquias, para que os integrantes da corporación se repartan e recollan de cada parroquia as peticións dos cidadáns e asociacións veciñais e poder trasladalas así, ao seu programa electoral, do que os militantes esperan ter un texto base en febreiro.
A continuación, Rafael Sisto asegurou que o partido "non ten un movemento social dinámico" ao non gozar da presencia de outros partidos de izquierdas nas asembleas, polo que considerou a presenza de Podemos como "aire fresco".
Coa intención de establecer un diálogo entre ambos partidos, a Asemblea de ANOVA Teo solicitou a intervención dos membros de Podemos, cuxas políticas se centran en "ser un movemento social alternativo á política clásica" e propuxeron o uso dunha plataforma dixital onde se poidese "facer particípes da política a todos os veciños", de xeito que a cidadanía poida "decidir, tomar responsabilidades e aprender dos seus propios erros". Aínda que a idea gustou, varios asistentes matizaron que "estas políticas non chegarían a todo o mundo", polo carácter rural de Teo, e que podería existir "un grande risco de manipulación ao tratarse dun programa aberto á cidadanía", polo que engadiron que habería que "buscar máis formas de participación".
Outros puntos tratados na sesión foron a necesidade do partido de encontrar un novo portavoz e a pescuda de mecanismos de financión para a campaña electoral das próximas eleccións.
A vindeira Asemblea aberta de ANOVA Teo emprazouse para o 4 de febreiro ás 20:00 horas do serán.
Comentários