top of page

AXENDA CULTURAL | Fin de semana musical e de aventura en Teo (25 xaneiro)

  • CULTURA | as novas de Teo
  • 23 ene 2015
  • 1 Min. de lectura

ac.png

Este domingo, día 25, podes gozar en Teo de dous eventos diferentes.

Por un lado, ás 9:00 horas da mañá terá lugar a saída da III Ruta BTT Os do monte bravo, que dará comezo no pavillón de Calo. Este ano superouse a previsión de inscricións e serán máis de 300 participantes os que comecen a ruta. O trazado do roteiro consta de 42 quilómetros que farán as delicias dos amantes da natureza e o ciclismo. Sendeiros pechados, camiños que se atopaban intransitábeis e dúas importantes ascensións conforman unha proba que un ano mais destacará pola súa beleza paisaxística.


E máis tarde, ás 20:00 horas do serán, dará comezo o concerto de presentación do disco "Aínda", da gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego, Alba María. Acompañada de Felipe Vilar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (percusión), a cantautora fará un percorrido polas melodías que se poden atopar no disco que ven de saír á luz.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page