O Cacheiras gaña 2-0 no derbi contra o Recesende (Xornada 20)
- DEPORTES | asnovasdeteo.com
- 26 ene 2015
- 1 Min. de lectura
Pola súa parte, o Praíña conseguiu a vitoria fronte ao Porto do Son (2-0) en Reis

A vixésima xornada enfrontou aos equipos teenses do Cacheiras e o Recesende. O partido desputado no campo de fútbol da Cañoteira deulle a vitoria ao Cacheiras, despois de dúas xornadas sen gañar, co que continúa terceiro na clasificación. O primeiro gol foi de Carlos L. Franco en propia meta, no minuto 23, e non sería até a segunda metade cando o Cacheiras marcaría o segundo tanto, da man de Emilio J. Carril, no minuto 54. Conseguiu así a vitoria o Cacheiras, malia xogar case todo o encontro con dez xogadores, xa que no minuto 18 foi expulsado Rubén Barros, cunha vermella directa.
Pola súa parte, o Praíña mantén tamén o seu décimo posto na clasificación, grazas aos dous tantos que lle encaixaron ao Porto do Son. Os dous goles foron de Miguel Míguez (min. 69' e 89').
A vindeira xornada enfrontará ao Recesende contra o Carcacía na Devesiña, e ao Urdilde contra o Praíña no estadio municipal de Urdilde, ambos partidos ás 16:15 horas. Ademais, o Palmeira, líder provisional, competirá co Cacheiras, ás 16:30 horas da tarde, no estadio novo de Ventín.
Podes informarte dos resultados dos outros partidos e da clasificación xeral na nosa sección de deportes.
Comments