top of page

O Pleno aproba a proposta do Plan de Aforro e Investimento, que pretende mellorar o aforro enerxétic

  • POLÍTICA | asnovasteo.com
  • 30 ene 2015
  • 3 Min. de lectura

Ademais, aprobouse unha moción de urxencia do PSdeG-PSOE de Teo para a comparecencia do concelleiro de urbanismo, Rafael Sisto, no pleno do mes de febreiro, para dar conta da sentenza do Tribunal Supremo que anula parcialmente o PXOM de Teo

IMG_2555.png

O Plan de Aforro e Investimento que aprobou o Pleno na sesión do pasado 29 de xaneiro, prevé a mellora de diferentes cadros eléctricos do municipio e a substitución de 700 lámpadas de mercurio que aínda funcionan, por lámpadas de sodio de baixo consumo. A proposta, aprobada cos votos da corporación municipal, BNG, PSOE e PP, calcula un aforro de 30.000€ anuais na factura da luz municipal, a maiores da devolución do custo do proxecto.


Non obstante, o voceiro do PP de Teo, José Manuel Guerra, defendeu que as lámpadas poderían ser substituídas por outras LED, coas que, segundo os seus cálculos, se aforraría máis. Rafael Sisto, sinalou que de empregar lámpadas LED habería que cambiar ademais os 19 cadros de alumeado, o que conlevaría un custo maior.


Outro dos puntos tratados na sesión foi a moción que presentou o BNG de Teo sobre o aumento unilateral do canon de SOGAMA, o que amosa o "trato autoritario do Partido Popular fronte aos Concellos". Na moción, a agrupación nacionalista de Teo propuxo a interposición dun recurso contencioso-administrativo contra a "Resolución da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de 15 de decembro, polo que se establecen as condicións para a adhesión ao sistema promovido pola Administración autonómica para a xestión institucional dos residuos domésticos", solicitando a suspensión desta até que non haxa un pronunciamento xudicial firme, ademais de instar á Xunta a que recupere o diálogo e o respecto á autonomía local no funcionamento de SOGAMA e a que colabore económicamente con Concellos que pretendan impulsar tratamentos alternativos a dita empresa, sempre que estean baseados na reciclaxe fronte á incineración.


Merche Souto (PP) defendeu que os Concellos teñen liberdade para escoller a empresa que xestione o lixo no seu municipio, e sinalou que en ningún caso se poden deixar de pagar as facturas de SOGAMA, algo que se está a facer nalgúns Concellos (entre outros, Monforte) como denuncia ante a subida de taxas.


A moción do BNG foi aprobada cos votos da corporación municipal, BNG, e PSOE. Os populares e o concelleiro de IN-Teo abstivéronse na votación.


Entre outros temas, tamén se aprobou outra moción do BNG de Teo para adicarlle o mes de febreiro a Rosalía de Castro, mediante a realización de diversas actividades no Concello, e outra moción do PSdeG-PSOE de Teo que solicitaba os resultados do Plan de Igualdade que rematou a súa vixencia en decembro, e a creación dun novo Plan. O concelleiro de Igualdade, Xosé Ignacio Iglesias, sinalou que os resultados se coñecerán unha vez a empresa contratada para tal fin presente os informes finais; momento no que se comezará a redactar o novo proxecto de igualdade.


Finalmente, o Pleno aprobou a moción urxente que presentou Uxía Lemus (PSdeG-PSOE), na que se pedía a comparecencia do concelleiro de urbanismo, Rafael Sisto, na vindeira sesión de febreiro. O obxectivo de dita comparecencia será dar conta da sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza, que anula parcialmente o PXOM de Teo. Lemus insta a que o concelleiro responda a preguntas como "cal foi o seu grado de responsabilidade na redacción e na tramitación do PXOM?", "por que os avogados que presentou o Concello perante os tribunais defendían o contrario ao solicitado polos veciños afectados?" e cales foron as razóns polas que o concelleiro "deixou de defender o polígono de Montouto".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page