top of page

O próximo venres arranca a nova edición do TapTeo, o concurso de tapas do Entroido

  • CULTURA | asnovasdeteo.com | Concello de Teo
  • 4 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

Nesta terceira edición, na que participan 15 establecementos, un xurado elixirá, como novidade, a mellor tapa e a mellor tapa enmascarada

tapteo2015.jpg

O Concello de Teo organiza unha nova edición do TapTeo, que poderá disfrutarse dende o próximo venres 6, até o domingo 22 de febreiro. O concurso, que celebra este ano a súa tercera edición, céntrase de novo no Entroido e contará con produtos típicos da nosa terra, como as filloas, o lacón ou os grelos, quen protagonistas dos petiscos ofertados nos 15 locais participantes.


Este ano, ademais, pídese que se fagan tapas “enmascaradas” e, como novidade, un xurado elixirá a "mellor tapa" e a "tapa enmascarada" máis orixinal, mellor presentada ou que lembre algún aspecto do Entroido. O público tamén poderá opinar, e cos seus votos elixirase a primeira e a segunda mellor tapa, e ademais a tapa co premio á calidade, no que se pide unha valoración global sobre o establecemento creador do petisco.


Nesta edición as tapas custarán 2 euros e poderán degustarse en horario dende as 13:00 ás 15:00 horas, e dende as 20:30 ás 23:00 horas nos siguientes locais hosteleiros: Bariloche Café Restaurante, Parrillada As Brasas, A Capilla, Chila Café, Restaurante San Martiño, Hotel Congreso, Cafetería Maradentro, Canaletto, Casa Nerea, Restaurante A Videira, Casa Pernas, Bar O Cruce, Taberna Mella, Cervecería A Santa Sede, Restaurante María Castaña e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo, que funcionará os tres sábados de duración do concurso.


O Tapteo 2015 terá un pasaporte que se selará en cada establecemento no que se consuma a tapa, co que o público pode entrar no sorteo de varios premios: os pasaportes selados completamente, entrarán no sorteo dun bono anual para a piscina municipal da Ramallosa, e os pasaportes cun mínimo de 12 selos entrarán no sorteo dunha fin de semana nunha casa de turismo rural en Teo, un televisor de 22 polgadas, unha cea para dúas persoas nun dos locais participantes no Tapteo 2015 ou unha cesta de produtos elaborados e cultivados por labregos e labregas que fan posíbel o mercado de alimento labrego en Teo.


O Concello informa de que os posuidores de pasaportes cun mínimo de 5 selos poderán pasar pola piscina municipal da Ramallosa, antes do remate do concurso, para recoller un convite co que poderán facer uso das instalacións durante un día de balde.

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page