top of page

O PSOE de Teo reclamará no próximo pleno que se fagan melloras na urbanización dos Tilos

  • POLÍTICA | asnovasdeteo.com | PSOE de Teo |
  • 4 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

A concelleira socialista, Uxia Lemus, propón as melloras na urbanización despois dunha reunión cos veciños e veciñas da zona

IMG_0157.JPG

Segundo sinala Uxía Lemus a través dun comunicado, “Os Tilos ten dous problemas principais: o abandono do mantemento das infraestruturas municipais e a inseguridade viaria”, polo que, no próximo pleno solicitaralle ao Concello información sobre as xestións realizadas ante o “reiterado estado de abandono” da parcela de reserva de equipamento, na rúa Bidueiro. Denuncia a edil socialista, que se trata “dunha finca chea de maleza e na que existe un galpón convertido nun refuxio de ratas”, o que supón “un claro risco para o transformador eléctrico”.


A corporación socialista pediralle tamén ao goberno municipal a colocación dunha varanda nas escaleiras que comunican a rúa Sabugueiro coa rúa Bidueiro, “empregadas frecuentemente por persoas con problemas de mobilidade” e preguntará ademais pola data de previsión do inicio das obras na rúa Carballo, que foron adxudicadas en setembro de 2014, xa que estas obras “responden á necesidade urxentísima de melloras na seguridade viaria da zona”. Sinalan dende o PSOE de Teo que “non se pode entender o retraso na execución das mesmas”.

IMG_0160.JPG

Lemus aproveitará tamén a vindeira sesión plenaria para propor que tanto as obras municipais como as das empresas submistradoras do Concello se realicen ao mesmo tempo,“co fin de evitar as continuas aperturas de gabias nas rúas”.


Dende o PSOE de Teo avanzan que a concelleira socialista consultará ao goberno local sobre os “constantes problemas do alumeado municipal que afectan á rúa Carballo, na entrada da urbanización, así como á rotonda da rúa Bidueiro".



 
 
 

Commentaires


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page