O Recesende perde pola mínima ante o Carcacía, líder da clasificación | Xornada 21
- DEPORTES | asnovasdeteo.com | Imaxe: S.D Recesende
- 4 feb 2015
- 2 Min. de lectura
O Palmeira perdeu o liderato despois do fallo do Comité de Competición a favor do Bastavales, logo de probarse a aliñación indebida no primeiro encontro de Liga, o pasado 7 de setembro. O Carcacía sitúase así como líder da clasificación

Recesende 0 - 1 Carcacía
O Recesende enfrontouse ao líder -despois da sentenza do Comité de Competición- nun partido cheo de amonestacións. Entre a chuvia de amarelas que inundou o partido, os peor parados foron Gustavo Rial e Francisco Méndez, do equipo local, quen viron dúas veces a tarxeta amarela na segunda metade. O mesmo aconteceu con Brais Campaña, do Carcacía, que tamén foi expulsado por dupla sanción. En tanto ao partido, só houbo un gol do equipo visitante, encaixado por Antonio Castro. Con este resultado, o Recesende mantén o quinto posto, mentres que o Carcacía continúa líder.
O Recesende, na crónica do partido na súa web, manifestou que xogaban cun Carcacía "moi aguerrido, forte físicamente, que lle impón un grao moi alto de intensidade a cada xogada e que sobre todo, sabe ao que xoga". O equipo declarou que "o mínimo que tiñamos que facer era igualalos en intensidade e foi algo que non fixemos".
Palmeira 2 - 0 Cacheiras
O Cacheiras perdeu nun partido sen goles na primeira metade, que declarou gañador ao equipo local. Miguel Brión (min. 59) e Adrián Pérez (min. 87) foron os artífices dos tantos que colocaron ao Palmeira no segundo posto da clasificación, a tres puntos do Carcacía. O Cacheiras é terceiro na clasificación.
Urdilde 1 - 2 Praíña
A do Praíña foi a única vitoria dun equipo teense na xornada 21. O marcador inaugurouno o equipo local cun penalti transformado por Marcos Bustelo (min. 29), até que a un minuto do descanso chegaría o empate cun gol de Adrián Iglesias. Non chegou o segundo do Praíña até o minuto 83, cando Antonio M. Rebolo anotou o segundo tanto para os visitantes. Con esta vitoria, o Praíña remonta dous postos na clasificación e agora son oitavos.
Partidos da Xornada 22
A vindeira xornada desputarase o domingo 8 e enfrontará ao Praíña co Recesende (Campo de Reis - 12:45h) e ao Cacheiras co Taragoña (Campo da Cañoteira - 17:00h).
Comments