Vitorias para o Calo e o Rarís na 18ª Xornada de Liga
- DEPORTES | Fútbol | asnovasdeteo.com | Imaxe:
- 5 feb 2015
- 2 Min. de lectura
Os dous equipos teenses conseguiron a vitoria ante os seus contrincantes con 4 goles a favor cada un

Ortoño 2 - 4 Rarís
O Rarís, que actualmente se atopa no sétimo posto da táboa, encaixoulle nada menos que catro tantos ao Ortoño, que non puido facer nada até os derradeiros minutos do partido, cando Rafael Freire anotou o primeiro gol de penalti (min. 79) e Julián Freire pouco despois marcaría o segundo gol do Ortoño (min. 80).
Pola súa banda, o Rarís tiña asinada xa a súa vitoria na primeira media hora de partido, nun arranque sen igual, cos tantos de Ander Martínez (min. 2), Diego M Lence (min. 13), David Iglesias (min. 33) e Gabriel González (min. 36).
Calo 4 - 1 Vea
O Calo conseguiu a vitoria na casa, a pesar de afrontar a totalidade da segunda metade cun xogador menos contra un Vea que se atopa no quinto posto da clasificación. Os primeiros tantos do partido chegaron un despois do outro: primeiro inauguraría Francisco Ardions o marcador do Calo (min. 30) e tan só un minuto despois, Manuel Aller sería o autor do primeiro e único tanto do Vea (min. 31).
Os goles que lle outorgaron a vitoria ao Calo chegarían na segunda metade, despois da expulsión de Agustín E Banzas por vermella directa. Malia contar cun xogador menos, o Calo foi quen de ir a polos tres puntos, que conseguiría cos tantos de Axel Pardal (min. 76), e Martín Pérez (min. 85 e 88).
Xornada 19
A vindeira xornada de Liga enfrontará ao Berres co Calo (Pardiñeiro - 16:45) , e ao Rarís co Brión (As Medas - 16:15). Podes consultar as clasificacións e os demais resultados na nosa sección de Deportes.
Comments