top of page

A hostalaría teense comeza a enmascarar as tapas do III TapTeo

  • CULTURA | Gastronomía | asnovasdeteo.com
  • 7 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

Quince establecementos e mailo mercado de alimento labrego participan nesta terceira edición do concurso, que decidirá cal é a mellor tapa "enmascarada" do Entroido 2015 de Teo

Noriega e Anxo Rey a piques de degustar a Delicia de fol

Onte pola mañá tivo lugar a presentación da terceira edición do Tapteo 2015, na Capilla de Calo e no Restaurante San Martiño, onde o alcalde Martiño Noriega e o Concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Anxo Rey, degustaron de primeira man as primeiras tapas que propoñen estes dous establecementos locais.






Delicia de fol (A Capilla, Calo)

Delicia de fol, A Capilla


Este prato está composto por pan artesán, cun adobo a base de tomate, allo e aceite, máis queixo mezcla semicurado, magro de tenreira, pemento do piquillo caramelizado, redución de vinagre de viño P. Ximénez, lacón cocido, touciño, espárrago trigueiro, aceite balsámico de módena, pementón e aceite de oliva virxe.



Piruletas de Entroido (Restaurante San Martiño, Calo)

Piruletas de Entroido, San Martiño


As piruletas están feitas con obleas de mini empanadillas, cebola, pemento vermello, allo, pementón, aceite de oliva, grelos, carne de cocido, ovo e chourizo.








Nos establecementos participantes, poderanse degustar estas tapas enmascaradas, onde os produtos típicos da terra, cun toque carnavalesco, son os protagonistas. As filloas, o lacón ou os grelos, formarán parte dos pratos que por 2 euros se poderán consumir até o vindeiro domingo 22 de febreiro.

O Tapteo conta este ano con varias novidades, e é que o xurado tamén escollerá a mellor tapa "enmascarada". É dicir, a que mellor saiba combinar a esencia do Entroido e os ingredientes do prato. Outra das novidades será que o xurado tamén estará "enmascarado", pois actuarán coma clientes normais e non se coñecerá a súa identidade até o final do concurso, co fin de que os establecementos non lle outorguen un trato máis favorábel.


O petisco que gañe o premio do xurado, recibirá 500 euros en produtos da Adega Ponte da Boda, patrocinadora do concurso. Ademais, o público que vaia selando o seu pasaporte nos establecementos do TapTeo, poderá optar a gañar varios premios que detallamos nesta nova.


O resto de comercios participantes pódense atopar neste roteiro do concurso:


1378566_889656421085996_1817690346621802123_n.jpg

 
 
 

コメント


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page