top of page

Os Xenerais da Ulla chegan a Reis esta fin de semana

  • CULTURA | ENTROIDO | asnovasdeteo.com | Concello
  • 7 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

A festa, na que participan case 200 persoas, comeza hoxe e estenderase durante toda a fin de semana

tg_carrusel_cabecera_grande.jpg

O Entroido dase cita esta fin de semana na parroquia de Reis, onde os coros e os Xenerais celebrarán a festa durante todo o sábado e o domingo. Este ano, segundo a organización, sairán 16 persoas a cabalo: dous abanderados abrindo a comitiva, catro correos e dez xenerais, que irán acompañando aos dous coros, o dos bonitos vestidos co traxe tradicional e outro de vellos.


Durante o día de hoxe, as comparsas sairán da aldea de Coira e irán pasando polo Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría e A Ribeira. Mañá domingo, sairán pola mañá dende o Ferreiriño e pasarán por Chao do Río, Outeiro, O Calvario, A Ribeira, Olveira, Xermeade e Pontevea, onde os xenerais e os correos cruzarán a ponte entre as 17:30 e as 18:00 horas da tarde aproximadamente. Os percorridos rematarán no campo da festa, onde terán lugar os atranques á última hora da tarde.


Máis Entroido a vindeira fin de semana


A próxima fin de semana terán a vez a parroquia de Santa María de Teo, que celebrará o Entroido o sábado 14, e a parroquia de Cacheiras, que ao igual que Reis celebrará o Carnaval durante toda a fin de semana.


 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page