O BNG comeza a campaña “Facemos o programa entre tod@s” para elaborar o seu programa electoral
- POLÍTICA | asnovasdeteo.com | BNG de Teo
- 9 feb 2015
- 1 Min. de lectura
Para a súa elaboración, o partido realizará asembleas abertas en todas as parroquias de Teo

A agrupación nacionalista teense comeza a preparar o seu programa electoral para as próximas eleccións municipais de maio. Con ese fin, porán en marcha a campaña “O BNG quere escoitarte. Facemos o programa entre tod@s”, na que por medio de asembleas abertas en todas as parroquias de Teo, esperan recibir “as inquedanzas e propostas” da xente.
O portavoz municipal e candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, manifestou que “tal e como se acordou nas asembleas abertas celebradas, iniciamos unha campaña de contacto directo coa veciñanza recorrendo as 13 parroquias do concello para debater cos veciños e as veciñas, e recoller e incorporar ao programa de goberno as propostas que realicen”.
O BNG ten previsto realizar 19 encontros coa veciñanza, que comezarán hoxe, luns 9 de febreiro, na casa común “Marisa Mirás” de Calo ás 20:00 horas do serán.
Comments