top of page

Jorge Carballido: “O neno que proba o béisbol entusiásmase de tal maneira que non o deixa e intégras

  • ENTREVISTA | asnovasdeteo.com
  • 10 feb 2015
  • 4 Min. de lectura

O verán de 2013 foi clave para a creación da Escola de Béisbol e Sófbol Os Tilos. No parque dos Tilos, nenos e nenas de entre 7 e 12 anos comezaron a divertirse xogando ao béisbol polas tardes e, co paso dos días e dos meses, os seus pais observaron como eses rapaces e rapazas ían desenvolvendo a súa paixón. E tamén o mostraban, xa que, de súpeto, estes nenos empezaban a pedir polos seus aniversarios, ou polo Nadal, bates e guantes de béisbol.

tilos6.png

O motivo da paixón destes rapaces e rapazas por este deporte veu da man de Max Contreras Burgos e a súa sobriña Paloma a quen os nenos esperaban impacientes cada tarde para poder comezar o xogo. E é que Max non só conseguiu que os nenos e as nenas se ilusionasen co béisbol, senon que tamén fixo que os pais e as nais destes se entusiasmasen por este deporte.


Así é como foi medrando pouco a pouco o Club de Sófbol e Béisbol Os Tilos. Hoxe falamos con Jorge Carballido, un dos seus directivos, para coñecer un pouco máis sobre esta iniciativa.


Cómo xurdiu a idea de crear a Escola de Béisbol e Sófbol?


Jorge Carballlido: A idea xurdiu cando as nosas nenas e nenos comezaron a xogar todas as tardes ao béisbol e cando empezaron a aparecer bates de béisbol, guantes e bases no noso parque, vimos que os rapaces ían en serio e o pistoletazo de saída deuno Max Contreras, o noso entrenador. Max díxonos que nos axudaría en todo o relacionado co béisbol, desde o deseño de camisetas, material, entrenamentos, contactos con outros equipos...

Logo, a Consellaría de Deportes, a través da Liga Xogade, facilitounos a participación en ligas e outras actividades.


Dende cando está activo o Club e cantas persoas o compoñen?


J.C: No ano 2013, cando Max decidiu que podiamos competir, os nosos xogadores foron cedidos ao club "Os druidas", e así foi como probamos no mundo da competición. Ademais, os rapaces e as rapazas cada vez demandaban máis, sempre era alegría e diversión. A día de hoxe, o club está formado por 27 nenos e nenas. Todos están federados e participan nun mínimo de tres competicións autonómicas ao ano. Un dato curioso é que o neno que proba o béisbol, entusiásmase de tal maneira que non o deixa e intégrase na "maxia" do grupo. Pero non só eles, tamén os seus pais e nais, pois todos veñen ver aos seus fillos xogar e participan dos dialogos e das tertulias.

tilos4.png

Con cantas categorías compite actualmente o club?


J.C: Actualmente con tres. No club existen as categorías de alevín, infantil e cadete. Temos o intento de formar a categoría senior cos pais, nais e os compañeiros do club do Piratas, pero bueno, xa se verá...


“O béisbol é un xogo onde

caben todo tipo de persoas”

Como foron os comezos da vosa Escola de Sófbol e Béisbol?

J.C: Todo no béisbol é moi fácil. A Liga Xogade paga o seguro federativo e a subvención do Concello de Teo cubre outros gastos. Ademais, contamos con dous patrocinadores, polo que o único que se fixo foi desfrutar desde o primeiro momento.


A xente animouse pronto a participar neste deporte ou mostrouse distante?


J.C: Este pregunta é fácil, porque a xente ven con nós e descobre a sensación que dá coller unha pelota de béisbol e lanzala, con toda a súa forza e precisión ao peito dun compañeiro, e ven como este a atrapa no aire e a pasa aínda máis veloz e preciso. E xa non che digo nada cando colles un bate e che lanzan unha pelota a unha velocidade do demo que soamente podes apreciar unha mancha blanca vindo hacia ti, e de repente soltas un batazo, escoitas o impacto, e a pelota sae disparada á eira do veciño...


Que actividades facedes para seguir adiante coa Escola?


J.C: Para seguir adiante pensamos nas excursións que facemos para xogar con outros amigos, nas tertulias dos cafés e, sobre todo, en desfrutar desa sensación de pertenza a un grupo que ten como primeira norma do club pasalo ben. Outra cousa que nos axuda moito é soñar, pois alguén soñou que no 2015 tiñamos que ir a un campionato de España e... ala imos.

TILOS1.png

Que persoas poden xogar ao béisbol?


J.C: Realmente sorprendeume este deporte pola capacidade integrativa que ten. Permite que xogue xente rápida, intelixente, potente, xente moi pícara... É decir, que ten cabida a toda clase de facultades físicas e mentais e os postos son moi variados e moi específicos, polo que é un xogo onde caben todo tipo de persoas.


“A primeira norma do club

é pasalo ben”

Cres que o béisbol é un deporte con futuro a nivel local, ou mesmo nacional?


J.C: A nivel local o béisbol e o sófbol teñen moito futuro porque xa dixen que o que resiste, vence. E o ambiente que se respira no béisbol é de tranquilidade e camaradería. E todo isto, unido ao noso gran entrenador Max Contreras Burgos, é un éxito asegurado.



Por último, gustaríanos saber se estes rapaces e rapazas que hoxe en día desfrutan xogando a este deporte, algún día chegarán a cotas máis altas.

J.C: As nosas nenas e os nosos nenos sinxelamente queren unha cousa, que é pasalo ben. Despois, se hai que ir a un campionato, xa sexa provincial, autonómico ou nacional, pois benvido sexa e a desfrutalo.


Moitas grazas por ensinarnos un pouco máis do voso Club, Jorge.


J.C: Grazas a vós polo voso interese.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page