Terceira vitoria consecutiva do Calo | Xornada 19, 3ª división grupo 7
- DEPORTES | Fútbol | asnovasdeteo.com
- 10 feb 2015
- 1 Min. de lectura
O Calo conseguiu a gañarlle ao Berres, mentres que o Rarís perdeu pola mínima ante o Brión

Berres 1 - 2 Calo
O Calo asina con esta vitoria a terceira consecutiva. Comezou marcando o Calo, só dous minutos despois do comezo do partido cun gol de Martín Pérez Fernández (min. 2'). Pouco despois chegaría o empate do Berres cun tanto de Adrián Fernández Furelos (min. 17') que inauguraría o marcador dos locais. Finalmente, Martín Pérez Fernández asinaría a vitoria do Calo con outro gol no minuto 24. Na segunda metade foi expulsado por vermella directa José Barreiro, do Berres.
Rarís 0 - 1 Brión
O Rarís non chegou a estrear o marcador xogando na casa ante o Brión. Miguel Adrán Suárez, do Brión, sería o artífice do único gol do partido (min. 30).
Xornada 20
A vindeira xornada desputarase o próximo domingo 15. O Calo xogará ante o Luaña (Rebordelo - 16:15) e o Agrón contra o Rarís (Cepelo - 16:15).
Comments