O PP de Teo demanda á alcaldía que actúe contra os roubos
- POLÍTICA | asnovasdeteo.com | PP de Teo
- 11 feb 2015
- 1 Min. de lectura
O partido, dirixido por José Manuel Guerra, insta a reunirse á Xunta Local de Seguridade

Dende o Partido Popular de Teo denuncian a falta de preocupación do Concello ante a seguridade, xa que “nestas últimas semanas o Concello está a sufrir unha oleada de roubos”.
Ante esta situación e “a falta dunha acción intensiva e preventiva do equipo de goberno”, José Manuel Guerra solicita que o Concello “tome as medidas correspondentes para reforzar a seguridade” e denuncia que dende o ano 2013 non se levaron a cabo reunións da Xunta Local de Seguridade, constituída no ano 2011 e que “ten a obriga legal de reunirse cada 6 meses con carácter ordinario”.
Dende o Concello aseguran que se mantiveron “reunións e conversas” coa Garda Civil e a Policía Local e consideran que “a atención ao tema da seguridade e dos roubos é completa, ao marxe da convocatoria da Xunta Local de Seguridade”, á que o Concello ten “intención de convocar”.
Comments