top of page

O equipo infantil do Club Os Tilos de sófbol gaña os primeiros partidos da Liga Xogade

  • DEPORTES | Sófbol | asnovasdeteo.com
  • 12 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

A categoría infantil de Sófbol do Club Os Tilos xogou contra o Cambre os primeiros dous partidos da Liga

Xogadores do Club Os Tilos de sófbol preparándose para o partido

O pasado domingo 8 tiveron lugar no polideportivo dos Tilos os primeiros encontros da Liga Xogade. Os equipos infantís dos Tilos e o Cambre desputaron o mesmo día a "ida" e a "volta" dos seus respectivos encontros, segundo o presidente do Club, Jorge Carballido, "para aforrar custes".


Os cativos do equipo dos Tilos resultaron vencedores de ambos partidos. No primeiro deles, que foi ás 15:00 horas da tarde, gañaron por 15 carreiras fronte ás 14 do Cambre. No segundo partido, que tivo lugar ás 16:30 horas da tarde, volveron a resultar gañadores con 16 carreiras fronte ás 7 que conseguiu o equipo visitante.


Próximos encontros


O domingo 22 de febreiro hai outra cita co sófbol nos Tilos. Dende as 10:00 horas da mañá até as 18:00 horas da tarde o pavillón dos Tilos volverá a acoller outra xornada deste deporte, na que os protagonistas serán os xogadores das categorías de cadetes e alevíns da Liga Provincial Xogade de Sófbol Indoor. Os locais competirán de novo contra o Cambre, e a "festa" estará amenizada cunha degustación de doces do Entroido e onde o público irá disfrazado.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page