top of page

Uxía Lemus será a candidata socialista nas próximas Eleccións Municipais

  • Foto del escritor: as novas de Teo
    as novas de Teo
  • 13 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

Encabeza a lista co apoio unánime dos integrantes da Agrupación Socialista de Teo

foto candidatura psoe teo.jpg

Uxía Lemus recibiu onte, na asemblea celebrada na Mediateca do Grilo, o apoio unánime dos militantes socialistas para ser a candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE de Teo. Por primeira vez, a lista está encabezada por una muller, o que en palabras do PSOE de Teo reflicte “o seu compromiso coa igualdade”.


Os integrantes da lista socialista nas vindeiras eleccións municipais serán Uxía Lemus; Roberto Moñino; Mayte Argibay; Enrique Durán; María Rosa Aneiros; Nisar Maarawi; Fina Angueira; Daniel García Dios; Fina Martínez; Manuel Díaz Mato; Balbi Gonzalez; Jaime Rodríguez Ouro; Josefa Costa; Antonio Carreira; Suca Lavín; Juan Carlos Corcoba; e pechando a lista de titulares, Pilar Vázquez. Como suplentes, Manolo Rey e Zora L. Barcia. O PSOE de Teo quere destacar con estes nomes a súa "gran renovación" e salientan, ademais, a presencia de "importantes militantes históricos" na mesma.


O PSOE teense quere presentar con esta lista un “proxecto alternativo fronte ao modelo de desidia e desleixo do actual goberno municipal de Martiño Noriega e Rafael Sisto”. Segundo indica Lemus, “gobernar non é ir a remolque das novas dos xornais, é ter un proxecto, unha idea de futuro, que pasa por unha planificación no mantemento e creación das infraestruturas, por escoller un modelo de concello, sen limitarse á mera xestión conxuntural, e por ser escrupuloso na xestión do público".


A candidata socialista á alcaldía

scale.jpg

Uxía Lemus ten 38 anos, e é Doutora en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago e funcionaria no Concello de Oroso dende o ano 2007. Ademais, Lemus leva 4 anos como Concelleira en Teo polo PSdeG – PSOE.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page