top of page

Os alumnos e as alumnas do CEIP A Ramallosa fan unha viaxe pola historia no seu Entroido

  • EDUCACIÓN | Entroido 2015 | asnovasdeteo.com
  • 14 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

Dende a prehistoria até o futuro máis recóndito, os alumnos e profesores da Ramallosa pasearon polas etapas máis significativas da vida do ser humano

A xornada lectiva dos alumnos dos centros educativos teenses inundouse de Entroido o pasado venres. Dende o CRA de Teo, pasando polos CEIP dos Tilos, Calo e a Ramallosa, até o IES de Cacheiras.


En concreto, no CEIP A Ramallosa, os alumnos e profesores fixeron un percorrido pola Historia. Ao longo da mañá, os asistentes ao Entroido, poideron coñecer de primeira man aos trogloditas da Prehistoria cos alumnos máis pequenos do centro. A viaxe dos cativos pasaría despois pola vida dos exipcios, a dos romanos, a de antigos personaxes da Idade Media, a dos vikingos, a dos aristócratas da Revolución Francesa... até chegar a facer unha viaxe ao futuro para coñecer a algúns dos personaxes da Guerra das Galaxias, representados polos alumnos de sexto de primaria.


Para rematar a festa, había situados no pavillón varios merendeiros con produtos típicos do Entroido, que dende logo foron a delicia dos rapaces e das rapazas despois desta viaxe no tempo, que foi, canto menos, divertida.


Preme aquí para ver a Galería do Entroido na Ramallosa
 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page