top of page

"As Fillas Bravas" de Chévere visitan Calo este domingo

  • CULTURA | Teatro | asnovasdeteo.com
  • 17 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

A representación desta produción de Chévere será o vindeiro domingo 22 ás 18:00 horas da tarde no local da S. R. de Calo

Cartel promocional de "As Fillas Bravas" en Calo

"As Fillas Bravas" visitan este domingo Calo. Elas, son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como antes fixeron a súa nai e o seu pai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Así describe o Grupo Chévere a estas tres mulleres, interpretadas por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.


Este espectáculo, que vai destinado a tódolos públicos, é resultado dun traballo de investigación sobre o tratamento de temas como a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, publicadas dende a segunda metade do século XIX.


A obra será representada este domingo 22, ás 18:00 horas da tarde, no local da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo, sito ao carón da Igrexa de Calo. A entrada será de balde.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page