top of page

O Concello acondiciona un aparcamento no exterior da escola infantil de Calo

  • POLÍTICA | asnovasdeteo.com | Concello de Teo
  • 17 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

Os traballos de acondicionamento responden ás demandas reiteradas dos usuarios da escola

Imaxe do aparcamento de Calo, antes de ser pintado

A escola infantil de Calo xa dispón dunha zona de aparcamento. O centro, que está situado nunha finca municipal, contará con máis de 20 prazas de aparcamento, unha vez que rematen os labores de acondicionamento co pintado das prazas. Con estes traballos, o Concello responde a unha “demanda reiterada” dos pais e nais que levan aos seus fillos á escola.

O aparcamento está situado no lateral da escola e está asfaltado con aglomerado en quente. Dende o Concello aseguran que “vai dar un servizo importante a máis persoas que aos usuarios da escola infantil” xa que se atopa preto do pavillón municipal, do cemiterio e do CEIP da Igrexa – Calo.


En total, o acondicionamento deste aparcamento supuxo un investimento económico de preto de 7.000 euros, segundo fontes do Concello de Teo.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page