top of page

José Manuel Guerra trata coa deputada nacional Marta González as melloras na N-550 ao seu paso por T

  • POLÍTICA | asnovasdeteo.com | PP de Teo
  • 20 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

O voceiro popular reuniuse coa deputada para continuar coas xestións iniciadas para pór en coñecemento do Ministerio de Fomento as necesidades do vial

IMG-20150210-WA0002.jpg

A pasada fin de semana, José Manuel Guerra reuniuse con Marta González, deputada nacional. Neste encontro, o candidato polo PP para as eleccións municipais, continúa “facendo as xestións oportunas para procurar que Fomento mellore a N-550 ao seu paso por Teo” xa que, aseguran dende o PP de Teo, "a estrada que parte do Milladoiro en dirección Padrón, precisa de certas actuacións que melloren a seguridade viaria e a fluidez do tráfico". Esta vía conta con máis de cinco quilómetros en total e percorre os lugares de Galanas, Fixó, Balcaide, Casalonga, Ameneiro e Francos.


Aínda que xa se informou aos responsábeis de algúns dos problemas neses lugares, como o do cruce do Espiño, o PP considera importante que se atendan as demais zonas, pois “especialmente nos lugares de Balcaide, Casalonga e Ameneiro, máis dun centenar de empresarios do comercio da zona, informaron do prexuízo que supón para moitos deles a existencia dunha permanente liña continua na estrada, o que impide a viraxe das persoas que queren comprar”.


Dende o PP conclúen con que “dende a administración local non se fixo todo o posible para procurar as melloras das principais vías que percorren o Concello” e lamentan que “a maior acción que leva a cabo o Concello sexa mandar unha carta a Fomento”.



 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page