top of page

O BNG presenta unha moción para a creación dun Plan de Emprego Feminino

  • POLÍTICA | asnovasdeteo.com | BNG de Teo
  • 20 feb 2015
  • 1 Min. de lectura

A formación nacionalista presenta esta moción co fin de que se cumpra a promesa da elaboración dun plan de emprego feminino

mujeres.png

O BNG de Teo presenta unha moción para demandar a posta en marcha dun plan de emprego feminino que estea "dotado do orzamento necesario" para establecer, deste xeito, "medidas destinadas a incrementar a taxa de emprego feminino". Entre outras medidas que deberían engadirse neste plan, o BNG teense destaca a promoción da "contratación de mulleres nos sectores en que está subrepresentada" ou a redución "do alto grao de precariedade das traballadoras na Galiza".


O Bloque teense insta deste xeito a crear un paquete de accións completas co fin de "atallar as problemáticas específicas das mulleres nos ámbitos produtivos" e salientan, sobre todo, a complicada situación que viven "as mozas galegas para accederen ao emprego".


O candidato á alcaldía da formación nacionalista, Manuel Anxo Fernández Baz, denunciou ademais que “a situación de desigualdade que viven as mulleres, se acentuou co aumento da precariedade laboral desde comezos da crise, sen a implantación de políticas efectivas que puidesen frear o crecemento da fenda que sitúa as mulleres á marxe e que lles deixa cada vez máis as portas abertas ao desemprego, ao emprego precario ou á emigración.”


Atendendo á situación da muller traballadora no Concello de Teo, Fernández Baz tamén denunciou que “no noso municipio, atendendo aos datos do paro rexistrado de xaneiro, hai 780 mulleres en situación de desemprego", un dato que pretenden reducir coa creación deste Plan de Emprego Feminino.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page