O Concello solicita á Xunta que arranxe as áreas recreativas e deportivas da autovía
- POLÍTICA | asnovasdeteo.com | Concello de Teo
- 20 feb 2015
- 1 Min. de lectura
Dende o goberno local demandan a cesión dos espazos de Castres e A Torre

O Concello de Teo solicitou á Xunta de Galicia a entrega das áreas de xogo e deportivas situadas sobre os falsos túneles da AG-59, ao seu paso por Castres, en Oza, e A Torre, en Cacheiras. Unha das razóns polas que, segundo o Concello, se fai esta petición, é para poder “atender de xeito directo” ambos espazos, xa que aseguran que “mentres non sexan cedidos ao Concello", non se poden realizar os arranxos pertinentes.
A pasada semana, persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, visitaban as zonas xunto co Concelleiro de Urbanismo, Rafael Sisto, e o Concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, quen “evidenciaron as necesidades de mantemento que precisan estes espazos para poder recepcionalos”.
Dende o Concello, e segundo o acordado no encontro da semana pasada, xa se remitiu un documento no que especifican aqueles elementos que “se teñen que arranxar”, entre os que destacan “a mellora do peche perimetral das pistas, o arranxo de moitas das pezas dos parques infantís ou a revisión das arquetas e canaletas”.
Comments