Uxía Lemus solicitará a celebración dun debate público entre os candidatos á alcaldía de Teo
- POLÍTICA | Municipais 2015 | asnovasdeteo.com |
- 20 feb 2015
- 1 Min. de lectura
A voceira socialista pedirá que, de chegar realizarse o debate, sexa emitido en streaming na web do Concello, así como se fai coas sesións plenarias

Uxía Lemus, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Teo, ven de manifestar o seu desexo de que se realice un debate público entre todos os candidatos á alcaldía do municipio, coa finalidade de que "a cidadanía poida coñecer de primeira man cales son as propostas e proxectos de cada un deles".
A candidata socialista tamén requerirá que o debate sexa "aberto ás preguntas da veciñanza e emitido en streaming na web do Concello", así como que se celebre "nun local municipal de amplo aforo, como é o auditorio da Ramallosa".
Lemus defende a celebración deste debate "nun momento onde a cidadanía está a solicitar dos seus representantes que as formas de xestionar o público sexan transparentes". Ademais, sinala que "máis alá dunha campaña tradicional de cada forza política polo seu lado, a confrontación de programas e ideas aparece máis necesaria que nunca”.
Dende o PSdeG-PSOE de Teo, informan de que se porán en contacto co resto de forzas que concurran ás vindeiras eleccións municipais para "concretar o formato deste debate público entre candidatos", o que consideran que "debería ser o eixe de calquera campaña electoral".
Enquisa asnovasdeteo.com
Gustaríalle que se celebrase un debate aberto entre os candidatos á alcaldía de Teo?
Comments